Área privada

Formación con desconto: Oposicións de Educación

Mércores, 29 Agosto de 2018 | Tags: formación , educación , descontos , docencia , oposicións

O Instituto Galego de Formación e Innovación Docente (Ingafid) é unha asociación educativa sen fin de lucro formada por profesionais de diversos ámbitos (Educación social, Traballo social, Psicoloxía, RRLL, etc.) As súas principais áreas de traballo son a Innovación educativa, a Psicoeducación e a Formación e orientación laboral.
Dentro da área de formación e innovación educativa, este ano iniciaron a preparación das OPOSICIÓNS de algunhas especialidades docentes, cun método diferente aos habituais.

Actualmente teñen grupos abertos de Intervención sociocomunitaria, Servizos á comunidade e FOL en Santiago de Compostela.

Ingafid ofrece un 50% de desconto na cota de matrícula para persoas colexiadas do Ceesg

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade