Área privada

Proxecto de Decreto de tramitación da Risga

Xoves, 23 Agosto de 2018 | Tags: servizos sociais , lexislación , risga , prestacións , ISE

O DOG do pasado 3 de agosto recollía o anuncio de información pública do proxecto de decreto  de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social.

Como colexio profesional, xa nos tiñamos pronunciado ao respecto dos borradores publicados anteriormente no portal de transparencia da Xunta de Galicia, a través do Acordo Colectivo de esixencia de garantías básicas no relativo a dito proxecto, que se fixo público baixo o lema 'Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito', e no que demandamos a participación activa das entidades asinantes no proceso que leve a establecer o futuro tanto da renda de inclusión social de Galicia como, por ende, das políticas sociais que deben garantir o sistema de protección social.

Neste novo procedemento no que se poden facer proposicións, suxestións ou recomendacións, reafirmamos os argumentos recollidos en dito acordo, presentando o texto de novo, e engadimos outras alegacións que afectan de xeito máis concreto á educación social. Entre outras, recomendamos a inclusión do modelo de informe socioeducativo (ISE) nos procesos asociados á tramitación da Risga.

Enlace á información sobre o proxecto de decreto.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade