Área privada

Reunión sobre o Plan provincial de promoción da Igualdade

Luns, 30 Xullo de 2018 | Tags: achegas , igualdade , Participación , Fiadeiras , laboral

O pasado 19 de xullo fomos convocadas a unha reunión avaliativa sobre o proceso de desenvolvemento do Plan provincial de promoción da Igualdade, da Deputación da Coruña.

A reunión foi coa empresa que está preparando dito plan, e acudimos representantes do Ceesg, a través do grupo Fiadeiras, e do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

A parte de presentar un avance do traballo realizado, de estatísticas, entrevistas, foros, etc. fixeron unha análise DAFO que recolleu o noso punto de vista e achegas. Resaltamos como necesidades a sensibilización, a formación, a coordinación e a estabilidade laboral. E destacamos tamén de mulleres en situación precaria como colectivos ou eidos onde urxen medidas.

Insistimos en que as educadoras sociais non estamos nas relacións de postos de traballo, o que supón unha falta de recoñecemento que implica non poder falar dende o noso punto de vista de estabilidade ou de funcións definidas, como poden facelo outras profesións.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade