Área privada

Convocatoria dun 'Panel de expertas/os en Educación e Formación'

Luns, 23 Xullo de 2018 | Tags: formación , colaboracións , educación , europa

A Comisión Europea publicou a convocatoria para o establecemento dun Panel de expertas/os europeas/os en educación e formación, que terá como tarefa principal apoiar a preparación do marco de cooperación estratéxica para a educación e a formación posterior a 2020.

Este grupo de persoas expertas reflexionará sobre os grandes desafíos que afronta Europa e o seu impacto nos sistemas de educación e formación. Estará composto por 20 persoas especializadas en tendencias sociais e tecnolóxicas, pero ao mesmo tempo cun claro entendemento das súas implicacións para a educación e a capacitación. Os nomeamentos serán a título persoal e actuarán de maneira independente e en interese público.

A Comisión Europea convida ás persoas interesadas en participar a enviar a súa solicitude ata o 27 de xullo. Os requisitos necesarios son:

  • Competencia e experiencia comprobada, a nivel internacional, europeo, nacional, rexional e local, nas áreas cubertas pola misión do Panel.
  • Capacidade demostrada de contribuír cun valor engadido aos resultados esperados do Panel.
  • Capacidade demostrada para avaliar estratexicamente as implicacións para a educación e a formación dos retos e tendencias nas áreas cubertas pola misión do Panel.
  • Bo coñecemento da lingua inglesa.

Toda a información da convocatoria en: http://ec.europa.eu/transparency/regexpert/index. cfm? do= news. open_ doc&ide=15077

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade