Área privada

Subvención para contratacións laborais - programas de cooperación

Venres, 20 Xullo de 2018 | Tags: , Emprego , subvencións , cooperación

No DOG do 20 de xullo publicáronse as bases das subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación.

Con este financiamento trátase facilitar a mellora da empregabilidade das persoas traballadoras desempregadas a través da adquisición de experiencia profesional, e de posibilitar e contribuír ao desenvolvemento, aproveitamento e dinamización do potencial económico, social e cultural da Comunidade Autónoma galega.

Se traballas nunha entidade sen ánimo de lucro, tal vez podería interesar participar nesta convocatoria para a contratación de educadoras ou educadores sociais.

E se están buscando emprego, ten en conta que no cabo dunhas semanas as entidades beneficiadas demandarán a cobertura destes postos a través das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia na oficina que lles corresponda xeograficamente. Asegúrate de ter actualizado e ben completo o teu curriculum.

Enlace ás bases das subvencións

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade