Área privada

Apoio do Concello de Santiago á Educación Social, e próximos debates

Venres, 20 Xullo de 2018 | Tags: lei , Comunicación , Concellos , campaña , deputacións

O Concello de Santiago, no seu pleno ordinario de onte, fixo unha Declaración Institucional a prol da regularización da Educación Social, destacando o seu papel fundamental para garantir a igualdade e a xustiza social.

Ver declaración institucional

No que queda deste mes, está previsto que varios concellos e deputacións incorporen esta cuestión nos seus plenos. A falta de publicar oficialmente as ordes do día, temos previsión de que se trate o tema en:

  • Concello de Rianxo, 26 de xullo ás 20:00 h.
  • Deputación de Ourense, 27 de xullo ás 10:00 h.
  • Concello de Mondoñedo, 27 de xullo ás 20:00 h.
  • Concello de Sada, 27 de xullo ás 20:00 h.
  • Deputación de Lugo, 31 de xullo ás 11:00 h.

Iremos informando nos próximos días.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade