Área privada

Comunicado do CGCEES sobre o III Convenio colectivo de reforma xuvenil e protección de menores

Mércores, 18 Xullo de 2018 | Tags: infancia , menores , convenio colectivo , laboral

APROBACIÓN DO III CONVENIO COLECTIVO ESTATAL DE REFORMA XUVENIL E PROTECCIÓN DE MENORES

Informámosvos que hoxe, 17 xullo de 2018, en Madrid procedeuse á firma do III Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores.

Este acordo é froito do traballo dos/as integrantes da Mesa de Negociación composta por representantes das Organizacións Sindicais e da Patronal.

O CGCEES agradece aos membros da Mesa de Negociación o seu traballo e esforzo para que este Convenio inclúa a figura profesional do/a Educador/a Social.

A Diplomatura de Educación Social está implantada no Estado español desde a aprobación do Real Decreto 1420/1991 que establece o título universitario oficial, actualmente Grao en Educación Social, polo que é necesario que desde as administracións púbicas se esixa a formación específica ou a habilitación profesional correspondente para o exercicio profesional.

Nas Mesas de negociación dos convenios colectivos a interlocución coas organizacións empresariais téñena as entidades sindicais máis representativas no sector polo que é necesario establecer acordos con elas para que apoien a regularización da profesión, respectando aos/ás profesionais que ocupan eses os postos e solicitando para as novas incorporacións a actualización dos requisitos de acceso, para que a Diplomatura e o Grao en Educación Social ou a habilitación profesional sexan os únicos criterios.

Esperamos que este acordo poida estenderse a outros convenios colectivos, permitindo a progresiva regularización dos postos de Educador/a Social para conseguir que o colectivo co que traballan dispoña da intervención de profesionais altamente cualificados con formación académica e deontoloxía profesional acreditada, como corresponde a unha profesión titulada e colexiada.

Estes compromisos son necesarios para garantir os dereitos fundamentais e os servizos á cidadanía, tendo en conta as novas problemáticas sociais que xera a sociedade actual.

A cohesión social e a convivencia necesitan a achega dos Educadores e das Educadoras Sociais.

Barcelona, a 17 de xullo de 2018

Ver comunicado en castelán

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade