Área privada

Comunicado Ceesg sobre a situación das pacientes do Hospital de Conxo

Martes, 17 Xullo de 2018 | Tags: comunicado , saúde

Comunicado do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) en relación á situación das pacientes do Hospital de Conxo reflectida no informe de El Defensor del Pueblo.

Coñecido o informe de el Defensor del Pueblo sobre a situación do Hospital Psiquiátrico de Conxo, desde o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, en colaboración co grupo de traballo de Saúde Miolo, acordamos facer explícita a nosa opinión sobre os acontecementos que nel se describen e a posible vulneración de dereitos das pacientes.

Como profesionais do ámbito da saúde queremos destacar que as persoas con enfermidade mental son un colectivo especialmente vulnerable que requiren que tanto a administración coma as e os profesionais velen por unha atención e acompañamento profesional especializado e multidisciplinar, de xeito especial polos seus dereitos.

Por isto queremos instar aos poderes públicos a estudar, revisar e levar a cabo as medidas necesarias para corrixir as situacións recollidas no informe que puidesen causar prexuízo ou vulnerar os dereitos das pacientes.

Así mesmo, queremos expresar a nosa disposición e dispoñibilidade para colaborar coas administracións e profesionais implicadas, en todas aquelas actuacións que poidan servir de axuda para alcanzar un obxectivo que é común: a defensa e protección dos dereitos das persoas usuarias.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade