Área privada

6º Concurso TFG.eduso

Mércores, 11 Xullo de 2018 | Tags: premio , concurso , universidade

Ábrese unha nova edición do Concurso de traballos de fin de grao arredor da Educación Social TFG.eduso, que pretende dar recoñecemento e visibilidade aos traballos realizados polo alumnado de grao de Educación Social.

O prazo de presentación de traballos é do 15 de xullo ao 1 de decembro de 2018.

Nesta convocatoria poderán participar as persoas que presentasen o seu traballo de fin de grao durante o curso 2017/2018 en calquera universidade galega, incluídos os centros UNED galegos, usando a lingua galega –deste requisito están dispensado o alumnado da UNED- e que acadasen unha nota mínima de 8. Mantéñense, como nas edicións anteriores, dúas categorías diferentes: Educación Social ESTENDIDA (para aqueles traballos centrados en ámbitos e temáticas tradicionais da Educación Social), e Educación Social ESCONDIDA (para os que se traten novos ámbitos de proxección profesional ou metodoloxías novidosas e inclusivas)

Descargar bases do concurso

Anexo 1 (descargar pdf) (descargar word)

Anexo 2 (descargar pdf) (descargar word)

Anexo 3 (descargar pdf) (descargar word)

Descargar cartaz

Comentarios (2)

1 | Melissa - Xoves, 12 Xullo de 2018 ás 22:02

Buenas tardes, Quería que me resolvieses una duda. Yo estudie en la UNED de A Coruña y mi TFG por tanto está en español, tengo un 9 de nota. Lo podría presentar? Gracias.

2 | Ceesg - Venres, 13 Xullo de 2018 ás 08:27

Ola, Melissa, Claro que podes participar. Esa opción está contemplada nas bases, xa que sabemos que os traballos na UNED teñen que ser presentados en castelán. Como verás nas bases, no caso de resultar gañadora, terías que traducir o traballo a galego para a súa publicación. Esperamos o teu traballo! Un saúdo

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade