Área privada

O Concello de Arteixo apoia a regularización da Educación Social

Mércores, 11 Xullo de 2018 | Tags: lei , educación social

O Pleno do Concello da Arteixo aprobou na súa sesión de hoxe 28 de xuño unha moción de apoio á regularización da profesión de Educación Social.

O grupo Popular foi o que presentou a moción, que contou cos votos favorables de todo o pleno, conformado por concelleiras e concelleiros do PSOE, Terra Galega e BNG. Así, o concello solicitará aos gobernos galego e central a elaboración dunha lei que regule a Educación Social, que recoñeza esta profesión como un dereito da cidadanía.

 

Hai uns días era o concello de A Coruña o que aprobaba, tamén por unanimidade, o apoio a esta moción. Agora xa se pode ver o Vídeo do pleno do concello da Coruña.

Enlace ao facebook da campaña

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade