Área privada

Por que é necesaria unha lei de Educación Social en Galicia? Charla en Vigo

Luns, 25 Xuño de 2018 | Tags: lei , Comunicación , campaña

Hoxe 21 de xuño en colaboración co foro socioeducativo 'Os Niguéns', organizamos en Vigo unha charla-faladoiro sobre a necesidade dunha Lei de Educación Social en Galicia.

A encargada do relatorio será Sofía Riveiro, colaboradora do Ceesg. E contaremos no acto con Antón Bouzas, membro de Os Ninguéns e do Ceesg, e do actor Antonio Durán 'Morris'.

Convidamos a todas as colexiadas e colexiados da zona de Vigo e arredores a acompañarnos, así como a calquera persoa que queira acudir: estudiantes, colegas non colexiadxs, e calquera persoa interesada en defender os dereitos da cidadanía.

Vémonos este xoves, na Oficina Municipal do Distrito Casco Vello, ás 19:30 h.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade