Área privada

Sistema de Garantía Xuvenil

Venres, 15 Xuño de 2018 | Tags: , Emprego

O Sistema de Garantía Xuvenil é un programa dirixido a todas as persoas entre 16 e 29 anos a través do cal se pretende garantir a igualdade de oportunidades no mercado laboral. Tamén busca ofrecer experiencia laboral, formación ou cursos de idiomas e TIC.

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que ten o obxectivo de garantir que as mozas es mozos menores de 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas tras acabar a educación regrada ou quedar en desemprego. Inclúe tanto a mozas e mozos con escasa formación como a a altamente cualificadas/os. Contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo.

Se cumpres os requisitos podes rexistrarte no sistema de Garantía Xuvenil a través da Plataforma do Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade