Área privada

Próximo cobro da cota colexial. Recordatorio prazo de solicitude de cotas reducidas

Xoves, 21 Xuño de 2018 | Tags: Ceesg , Emprego , descontos , cotas

Ante o próximo cobro de cotas colexiais (correspondente ao segundo semestre 2018), recordamos que existe a posibilidade de beneficiarse de cotas reducidas (por desemprego, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas)

Quen queira acollerse a este tipo de cotas, debe presentar a documentación pertinente ata o día 30 de xuño (incluído):

  • No caso de desemprego, tarxeta de demandante de emprego actualizada.
  • No caso de salario inferior ao mínimo, certificado de bases de cotización.
  • Para outras posibles situacións, consultar co Ceesg.

Se no cobro anterior non te beneficiaches de desconto, recorda enviar xunto coa documentación xustificativa a solicitude de cota semestral bonificada

A documentación pode achegarse por correo-e a ceesg@ceesg.org.

ESTE É UN RECORDATORIO XERAL, SE XA ENVIACHES A DOCUMENTACIÓN E RECIBICHES RESPOSTA, NON VOLVAS ENVIALO. GRAZAS.

Comentarios (2)

1 | RAQUEL NUÑEZ HERNANDEZ - Martes, 05 Xuño de 2018 ás 14:38

Boa tarde, ¿no caso de estar en posesión de certificado de discapacidade existe algunha reducción na cuota? Un saúdo

2 | Ceesg - Mércores, 06 Xuño de 2018 ás 09:22

Ola Raquel. Non se contemplan descontos na cota para os casos de discapacidade.

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade