Área privada

Comparecencia do Ceesg no Parlamento de Galicia, o pasado 26 de abril

O pasado 26 de abril, a educadora social Estefanía Estévez, do grupo de traballo do Ceesg DIVERDADE, compareceu en representación do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia nunha sesión da Comisión especial non permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade e elaboración de novas propostas a prol da integración das persoas con discapacidade.

Enlace ao vídeo da sesión.

Enlace ao texto da comparecencia.

Dende o grupo BNG preguntaron por iniciativas e propostas específicas en canto a Muller, Diversidade Funcional e Violencia de Xénero, ao que Estefanía respondeu que, contando co grupo de traballo do Ceesg Fiadeiras (especializado en Igualdade), e co grupo de traballo Diverdade (especializado en Diversidade Funcional) traballarían nesta encomenda para facerlle chegar propostas concretas a tódolos grupos políticos da Comisión.

Ver documento de propostas enviado aos grupos políticos.

Sentímonos moi ben representadas por Estefanía, a quen agradecemos a súa dispoñibilidade e implicación, ao igual que aos grupos de traballo Diverdade e Fiadeiras, así como a ás demais persoas que se implicaron na preparación da comparecencia e das propostas.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade