Área privada

Escola da Rúa: Discapacidade

Luns, 28 Maio de 2018 | Tags: diversidade funcional , formación , Discapacidade , dereitos , escola da rúa

A Escola da Rúa prepara a súa próxima acción formativa, que se centrará en Discapacidade. Será impartida por Fran del Buey, avogado de A Sensu Contrario e asesor xurídico do Ceesg.
Nesta formación abordaranse os seguintes contidos:

  • Valoración arredor do RD 1971/79.
  • Estatus da persoa con discapacidade (beneficios laborais, sociais e educativos da condición de discapaz)
  • Vencellamento coa situación de incapacidade laboral.

A sesión desenvolverase o vindeiro 15 de xuño na sede do Ceesg (Compostela) de 17:00  a 20:00 h.

Cotas de inscrición:

  • Persoas colexiadas ou amigas do Ceesg: 10 €.
  • Non colexiadas/os: 25€

Inscricións ata o 10 de xuño ou completar aforo.

Formulario de inscricións

Información sobre a Escola de Rúa e as próximas actividades previstas.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade