Área privada

Sorteo de censoras/es de contas do Ceesg

Martes, 15 Maio de 2018 | Tags:

A Lei 11/2001 de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia no seu artigo 32.3 di así:

‘Os   Colexios   Profesionais   e   os   Consellos   Galegos   de Colexios   deberán   ser auditados,  na  forma  en  que  determinen  os  seus  Estatutos,  cando  se  produza  a renovación ordinaria total ou parcial, dos seus órganos directivos, sen prexuízo da función   fiscalizadora   que   corresponde   aos   organismos   públicos   legalmente habilitados para iso’

Os  Estatutos  do  Colexio  de  Educadoras  e  Educadores Sociais de Galicia no seu artigo 57 din así:

‘Das  auditorías:  A  corrección  de  contas  e  da  realidade  dos  gastos  e  ingresos  do colexio deberá ser auditada ao se producir a renovación ordinaria total ou parcial dos membros da Xunta de Goberno’

A Asemblea do Ceesg, reunida o pasado 21 de abril, acordou realizar unha auditoría interna que avalíe as contas do período 2015-2017, designando por sorteo a tres persoas colexiadas que actuarán como censoras de contas.

O sorteo realizarase o vindeiro 15 de maio ás 12:30 h. na sede do Ceesg. Será público, polo que pode asistir calquera persoa interesada.

O cargo, salvo forza maior acreditada é obrigatorio e incompatible co de membro da Xunta de Goberno (nin saínte nin entrante), debendo gardar, as persoas elixidas, o deber  de  sixilo  ao  respecto  dos  datos  dos  que  obteñan  coñecemento  como consecuencia do exercicio das súas funcións.

A auditoría realizarase o día 30 de maio ás 17:00 h. na sede do Ceesg. A Xunta de Goberno prestará todo o apoio material e humano, a través da actual tesoureira, así como do servizo de asesoría e da Secretaría Técnica do Ceesg.

O informe  das/os censoras/es  de  contas, que se emitirá por escrito, só  haberá  de  referirse  á  exactitude  e veracidade  dos  datos  económicos  consignados  nos  libros  contables revisados, e farase público a todas as persoas colexiadas a través da páxina web do colexio.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade