Área privada

Participación no Observatorio Galego de Violencia de Xénero

Luns, 07 Maio de 2018 | Tags: igualdade , mulleres , xunta

Mañá participaremos por primeira vez nunha reunión do Grupo de traballo 3 (GT3) do Observatorio Galego de Violencia de Xénero, do que o Ceesg forma parte. Este grupo, constituído para a 'Abordaxe da violencia de xénero coa mocidade dende o ámbito educativo', está centrado na elaboración dunha Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo. Xa que a incorporación do Ceesg ao observatorio é recente, estivemos nas últimas semanas revisando o borrador do protocolo para facer propostas.

O Observatorio Galego de Violencia de Xénero é o órgano colexiado e institucional encargado do estudo, da avaliación e do seguimento das políticas contra a violencia de xénero que se desenvolvan en Galicia.

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade