Área privada

Buscamos Expertas en Igualdade, Conciliación e Corresponsabilidade

Xoves, 03 Maio de 2018 | Tags: FEMP , igualdade , conciliacion , Concellos , colaboración , corresponsabilidade

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO) e a FEMP, en novembro de 2017, subscribiron un convenio para o desenvolvemento e implantación de actuacións en materia de igualdade, en conciliación e corresponsabilidade de homes e mulleres, para fomentar a transversalidade de xénero na planificación e desenvolvemento de políticas públicas locais. Neste marco realizaron unha convocatoria de axudas económicas para facilitar ás administración locais a posta en marcha deste tipo de accións.

A convocatoria prevé que os proxectos presentados polas entidades locais sexan valorados por persoal técnico designado conxuntamente polo IMIO e a FEMP. Dada a especificidade, diversidade e complexidade dos proxectos, e en aras de realizar unha valoración cualificada e totalmente obxectiva, estimaron conveniente que persoas expertas nesta materia realicen a primeira valoración das propostas recibidas. A partir de dita valoración, a Comisión de Seguimento do Convenio, constituída por persoal técnico do IMIO e a FEMP, analizará os informes técnicos emitidos polas profesionais e elaborará proposta de adxudicación.

Por este motivo, unha vez rematado o prazo de solicitude de ditas axudas, e no marco do convenio de colaboración entre o CGCEES e a FEMP, dende a FEMP solicitaron ao CGCEES unha relación de persoas expertas neste ámbito, que teñan experiencia en valoración de proxectos. Recibida a relación, poranse en contacto con elas para explicarlles as condicións e remuneración do traballo, que estarán condicionadas polo número de respostas recibidas.

Trasladada a petición á Comisión de Igualdade do CGCEES , na que ten representación do Ceesg, a Xunta de Goberno do Ceesg decidiu facer pública esta petición para que educadoras sociais expertas en materia de igualdade, conciliación e corresponsabilidade se postulen para formar parte deste proceso de valoración de proxectos.

Como postularse como experta para esta tarefa?

É necesario ter probada experiencia e suficiencia de recursos para o exercicio das tarefas relacionadas coa valoración e avaliación de proxectos en materia de Igualdade de Xénero e/ou Conciliación e Corresponsabilidade de mulleres e homes. Se é o teu caso, podes enviar o teu CV (en castelán, xa que poderá ser derivado ao CGCEES e á FEMP) a ceesg@ceesg.org indicando no asunto 'Expertas Igualdade FEMP'. Recibiranse ata o mañá xoves 3 de maio ás 14:30 h. En colaboración coas persoas que representan ao Ceesg na Comisión de Xénero e Diversidade do CGCEES, farase unha valoración dos CV recibidos, e seleccionaranse os máis axeitados para enviar ao CGCEES.

É imprescindible a colexiación actual no Ceesg.

 

Comentarios (2)

1 | Mar Robleda Fernández - Mércores, 02 Maio de 2018 ás 16:10

Buenas tardes: Una pregunta, es necesario estar colegiada en ceesg?? Soy educadora social experta en mediación y en igualdad de género. Muchas gracias de antemano Recibir un cordial saludo

2 | Ceesg - Xoves, 03 Maio de 2018 ás 08:37

Bo día, Mar Si, é necesaria a colexiación no Ceesg. Un saúdo

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade