Área privada

Comparecencia do Ceesg no Parlamento de Galicia, para falar de diversidade funcional

Mércores, 25 Abril de 2018 | Tags: Ceesg , diversidade funcional , Discapacidade , grupo de traballo , parlamento , diverdade

O Parlamento de Galicia constituíu a Comisión especial non permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade e elaboración de  novas propostas a prol da integración das persoas con discapacidade.

Considerando de grande interese a colaboración do Ceesg nesta comisión, convídannos a comparecer na sesión informativa da Comisión, que terá lugar o día 26 de abril ás 10:30 h. na sede do Parlamento de Galicia (Compostela)

O grupo de traballo do Ceesg Diverdade asume a representación do colexio nesta comparecencia, que poderá verse en directo dende a web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es)

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade