Área privada

Resultados do 5º TFG.eduso

Luns, 07 Maio de 2018 | Tags: premio , concurso , universidade

O Concurso TFG.eduso premia os mellores traballos de fin de grao de Educación Social presentados en galego nas universidades galegas, e nesta quinta edición, correspóndese ao curso 2016-2017.

Nesta edición, presentáronse un total de 7 traballos, 3 para a modalidade ESCONDIDA (que premia os traballos que exploran ámbitos de acción da educación social novidosos), e 4 na modalidade ESTENDIDA (os centrados en ámbitos clásicos da profesión).

PREMIOS 5º CONCURSO TFG.EDUSO

Modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESTENDIDA: Sandra Gavieiro Lorenzo, polo seu traballo: A administración local e a educación social. Perfil profesional e laboral dos/as educadores/as sociais na administración local, concellos e mancomunidades da provincia de Ourense, presentado na Universidade de Vigo, e titorizado pola profesora María D. Dapía.

Modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESCONDIDA: Vanesa Cobelas Díaz, polo seu traballo: Aproximación dende a Educación Social ao coñecemento interprofesional da intersexualidade, presentado na Universidade de Vigo, e titorizado pola profesora María Lameiras.

O premio deste concurso consiste na cota de alta de colexiación e primeiro semestre gratuíto, así como a publicación do traballo.

Está pendente tamén a publicación dos traballos da 4ª edición.

Parabéns ás premiadas, e o noso máis sincero agradecemento a todas as participantes, así como ás integrantes do xurado (José María Faílde, Jesús Rodríguez, Ana Iglesias, María Díaz de Robles e Sofía Riveiro)

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade