Área privada

Asemblea do Ceesg

Mércores, 02 Maio de 2018 | Tags:

O pasado sábado 21 de abril tivo lugar a Asemblea do Ceesg, así como as eleccións, que marcan o inicio dunha nova etapa no colexio.

As propostas levadas á asemblea foron aprobadas por unanimidade (acta da asemblea anterior, memorias económica e de actividades, elección do método de auditoría da lexislatura que remata, e orzamento e plans de traballo) e seguen estando dispoñibles para consulta na web do Ceesg.

Contamos co asesor xurídico do Ceesg, Fran del Buey, que plantexou a realidade xurídica do colexio e da educación social neste momento, cos retos e dificultades que se plantexan para a profesión.

E finalmente proxectamos a curta "Matria", unha obra dirixida por Álvaro Gago, e fixemos un coloquio posterior coa súa actriz principal, Francisca Iglesias, que foi o broche perfecto para esta xornada.

Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron na Asemblea.

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade