Área privada

Proxección de Matria, na Asemblea do Ceesg

Xoves, 12 Abril de 2018 | Tags:

Como xa sabes, o vindeiro 21 de abril terá lugar a nosa Asemblea, unha cita moi relevante á que están convocadas todas as persoas colexiadas que forman o Ceesg.

E ademais de tomar decisións sobre a xestión do colexio, tamén temos outras dúas actividades moi interesantes.

En primeiro lugar, o avogado Fran del Buey falará de cal é o papel da asesoría xurídica para colexiadas/os. E despois, como broche de xornada, poderemos ver a curta Matria, dirixida polo galego Álvaro Gago, e teremos un coloquio posterior, no que contaremos coa actriz principal, Francisca Iglesias. Non perdades a oportunidade de ver esta obra premiada en varias festivais internacionais de prestixio. Esta proxección será en exclusiva para as persoas colexiadas que acudan á asemblea, ou outras persoas que sexan convidadas polo colexio.

Recordemos que a asemblea será o sábado 21 de abril no Museo do Pobo Galego (Compostela). Comezaremos ás 10:30 pola mañá, e ás 16:00 pola tarde. Máis información

Esperamos verte alí.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade