Área privada

A Deputación de Pontevedra apoia regular a Educación Social.

Mércores, 11 Abril de 2018 | Tags: lei , Comunicación , campaña , deputación

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou o pasado venres 6 de abril unha moción de apoio á regularización da profesión de Educación Social.

Xosé Lois Jácome, da Coalición Electoral SON, puxo voz ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia para solicitar a creación dunha lei que regule a Educación Social. Dita lei é a vía que se reclama para recoñecer a Educación Social como unha profesión ao servizo dos valores fundamentais dun estado de Dereito, como factor imprescindible para abordar determinadas necesidades sociais, e como garantía de calidade das intervencións socioeducativas. Tamén sería a solución para mellorar a situación laboral desta profesión, onde hai un alto grao de precaridade, de intrusismo, e de falta de adecuación terminolóxica nos postos de traballo.

Ao aprobar esta moción, a Deputación solicitará aos gobernos galego e central a elaboración dunha lei que regule a profesión de Educación Social.

Enlace ao facebook da campaña

Enlace á web do Ceesg con información sobre a campaña

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade