Área privada

Asemblea do Ceesg 2018

Luns, 23 Abril de 2018 | Tags: Ceesg , asemblea

O vindeiro 21 de abril celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg.

A asemblea sempre é un evento moi importante para o colexio, pois aí dáse conta do que fixemos no ano anterior e decidimos o que queremos facer no seguinte. Pero nesta ocasión ademais, toca facer repaso dos últimos tres anos, pois haberá tamén cambio de lexislatura na Xunta de Goberno do Ceesg.

Este ano será Compostela a cidade que acolla a asemblea, concretamente o Museo do Pobo Galego. O horario de mañá dedicarémolo a aprobación da acta anterior, aprobación das memorias técnica e económica, elección do método de auditoría de contas da Xunta de Goberno saínte e presentación das liñas estratéxicas que propón a única candidatura entrante. Entre as 11:00 e as 12:00, de xeito paralelo e na mesma sala, terá lugar a celebración das eleccións, posterior escrutinio e proclamación da candidatura gañadora.

Xa pola tarde, de ser o caso, a candidatura entrante presentará para o seu debate e aprobación os Plans de Traballo e Orzamento para o ano 2018. O avogado Fran del Buey dirixirá un coloquio sobre o 'Papel da asesoría xurídica para as colexiadas e colexiados', e haberá lugar para calquera outra proposta ou pregunta.

Outra actividade destacada, nesa tarde, será a proxección da curta 'Matria', que está colleitando numerosos éxitos, sendo premiada en varios certames internacionais, polo que será unha gran oportunidade poder desfrutala contando ademais coa súa protagonista, a actriz Francisca Iglesias, que nos acompañará durante o coloquio posterior.

Pronto teremos na páxina web os documentos relacionados coa orde do día.

Enlace á web cos documentos da Asemblea 2018

Agardámoste!

21 de abril
Museo do Pobo Galego (Compostela) Rúa San Domingos de Bonaval, s/n (ver mapa)
Mañá: 10:00 (primeira convocatoria) 10:30 (segunda convocatoria) ata as 13:30 h.
Tarde: De 16:00 a 19:00 h.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade