Área privada

Debate sobre o centro Montealegre no Parlamento galego

Venres, 16 Marzo de 2018 | Tags: infancia , Emprego , menores , contratación

Onte 15 de marzo debateuse na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia unha proposición non de lei sobre o centro Montealegre.

A iniciativa do PSOE solicitaba instar á Xunta de Galicia a reabrir o centro garantindo 'que todos os servizos que se presten no mesmo sexan públicos, que estea atendido por empregados e empregadas públicos en número suficiente, e cos recursos técnicos e materiais necesarios para garantir unha atención de calidade'.

En Marea, BNG e o propio PSOE presentaron enmendas solicitando ademais paralización do procedemento contratación actual. O PSOE inclúe ademais na súa emenda: 'Que sexa requisito imprescindible que o persoal que desempeñe as súas funcións no centro de menores de Montealegre sexa dependente da administración pública autonómica, así como que as intervencións no proceso socio-educativo cotián, e a súa observación e avaliación real, a realicen persoas que estean en posesión da titulación universitaria de Educador ou Educadora social.'

Enlace á documentación da sesión

Enlace ao vídeo da sesión

A iniciativa non prosperou con 5 votos a favor e 7 en contra.

A prensa está a facerse eco estes días das voces que reclaman a non privatización do centro, e concretamente a do Ceesg para garantir que o persoal educativo sexa titulado en Educación Social:

La Región

Praza Pública

ElDiario

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade