Área privada

Recollida de sinaturas pola defensa da Educación Social no Montealegre

Venres, 16 Marzo de 2018 | Tags: infancia , Emprego , menores , contratación

O alumnado de Educación Social do Campus de Ourense estase mobilizando contra as condicións da contratación da xestión e dirección do centro de menores Montealegre, en Ourense, que reabre tras varios anos pechado, e no que non se vai esixir a titulación de Educación Social para o persoal educativo.

POLO DEREITO DA INFANCIA EN DIFICULTADE A UNHA ATENCIÓN DE CALIDADE.

Educación Social como requisito para o posto de Educador/a

Dende o Ceesg felicitámolos pola iniciativa e sumámonos a ela. Deixamos aquí o documento de solicitude para quen queira recabar sinaturas e facérllelas chegar; nós faremos iso mesmo dende o Ceesg.

Descargar documento de recollida de sinaturas

Máis información sobre a situación actual do centro Montealegre

Comentarios (3)

1 | Celia. - Venres, 16 Marzo de 2018 ás 12:14

Os recursos sociais, deben a continuar ser públicos. As Integradoras Sociais tamén estamos capacitadas e apoiamos esta defensa.

2 | María - Venres, 16 Marzo de 2018 ás 12:35

Queremos uns servizos sociais públicos e de calidade!

3 | María Sandra - Venres, 16 Marzo de 2018 ás 13:04

È indispensable a adquisición de competencias necesarias para un correcto desenvolvemento e consecución de obxetivos: educadores sociais

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade