Área privada

Estado e liñas de futuro dos Servizos Sociais na provincia da Coruña

Martes, 13 Marzo de 2018 | Tags: achegas , servizos sociais , acción profesional , accións

Moi pronto teremos un encontro con Ánxela Franco, Deputada de Benestar Social da Deputación da Coruña, no que nos presentará os traballos que se están a facer en relación ao Plan de acción de Servizos Sociais. É o seu desexo escoitar e recoller as valoracións do Colexio sobre o estado dos Servizos Sociais nos concellos, así como as liñas de futuro máis salientables que contemplemos para as políticas sociais.

Á vista desta oportunidade de dar voz á Educación Social, convidamos a que as educadoras e educadores sociais colexiadas/os -sobre todo con vinculación aos servizos sociais- nos fagades chegar as vosas observacións, necesidades ou propostas en relación a este ámbito, e así poder trasladarllas á Deputada nesta reunión. Calquera observación que queirades trasladar, debería chegarnos como moi tarde o día 20 de marzo.

Grazas anticipadas polas achegas.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade