Área privada

Escola da Rúa: RETA. Réxime de Traballadoras Autónomas.

Martes, 10 Abril de 2018 | Tags: Emprego , Emprendemento , formación , descontos

A Escola da Rúa prepara unha sesión formativa sobre RETA. Réxime de Traballadoras Autónomas, que impartirá Fran del Buey, avogado de A Sensu Contrario e asesor xurídico do Ceesg.

Nesta formación abordaranse as obrigas e recomendacións para o exercicio profesional por conta propia neste réxime especial da Seguridade Social.

A sesión desenvolverase o vindeiro 13 de abril na sede do Ceesg (Compostela) de 17:00  a 20:00 h.

Cotas de inscrición:

  • Persoas colexiadas ou amigas do Ceesg: 10 €.
  • Non colexiadas/os: 25€

Inscricións ata o 8 de abril ou completar aforo.

Formulario de inscricións

Información sobre a Escola de Rúa e as próximas actividades previstas.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade