Área privada

O Ceesg apoia a folga feminista 8M

Luns, 12 Marzo de 2018 | Tags: igualdade , mulleres , Feminismo , folga

O próximo 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o movemento feminista co apoio de organizacións e colectivos políticos, sociais e sindicais convoca unha folga xeral das mulleres. Folga laboral, estudiantil, de coidados e de consumo.

Unha convocatoria de denuncia fronte ás desigualdades, ás discriminacións e ás violencias estruturais que sufrimos máis da metade da poboación mundial, as mulleres, pero tamén de reivindicación dun novo modelo social, xusto, democrático e igualitario.

Dende o Ceesg declaramos o apoio á convocatoria. Secundaremos a folga e acudiremos ás mobilizacións previstas. Ao mesmo tempo, chamamos á participación a todas as mulleres nas diferentes iniciativas reinvidicativas que se están a organizar.

Ver manifesto do 8M 

Argumentario e ideas da folga feminista

www.folgafeminista.org

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade