Área privada

Formación: Comunica a Conciencia

Martes, 13 Febreiro de 2018 | Tags:

ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) presenta o proxecto 'Comunica a Conciencia', financiado pola Fundación ONCE. Impartirase un obradoiro en colaboración co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, que terá lugar na sede do mesmo, en Compostela, o vindeiro 2 de marzo pola tarde.

No marco deste proxecto tratarase a importancia da linguaxe como elemento integrador; estudiaremos o concepto de linguaxe inclusiva e non discriminatoria; analizaremos a desigualdade e androcentrismo na linguaxe, vendo os usos frecuentes e alternativas; reflexionaremos sobre o papel dos medios de comunicación, e traballaremos en propostas de estilo para unha comunicación inclusiva e non discriminatoria con colectivos sociais.

Esta formación está aberta a toda persoa con interese no tema. A participación será gratuíta, sendo necesaria inscrición previa a través do Ceesg (prazas limitadas).

Ir ao formulario de inscricións

Lugar: Sede do Ceesg (Rúa Lisboa, 20, Compostela - ver ubicación)

Horario: 16:00-20:00 h.

Descargar cartaz

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade