Área privada

Chamada ás urnas! Eleccións Ceesg 2018

Luns, 23 Abril de 2018 | Tags:

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) celebrará eleccións á Xunta de Goberno do Ceesg que terán lugar o sábado 21 de abril de 2018.

A convocatoria oficial de eleccións foi enviada por correo postal, e todas as persoas con dereito a voto recibirédela no voso domicilio nos próximos días.

A participación de todas e todos é a base que debe sustentar o noso colexio, polo que queremos animarvos a que presentedes as vosas candidaturas e a que participades da votación, ben presencialmente ou ben a través do voto por correo. Esperamos unha ampla participación que sexa síntoma dunha vida colexial sá e forte.

Para máis detalle, temos publicada unha relación de preguntas frecuentes sobre o proceso electoral que podes consultar aquí.

Habilitamos unha páxina na web na que pode consultarse xa a convocatoria, o calendario electoral, e o censo, e onde iremos incorporando toda a documentación que se vaia xerando neste proceso (proclamación de candidaturas, instrucións para o voto por correo, resultado do sorteo de cargos da mesa electoral, etc.):

Ver documentación do proceso electoral.

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade