Área privada

Preguntas frecuentes sobre as eleccións do Ceesg

Xoves, 08 Febreiro de 2018 | Tags:

A partir de abril de 2018 comezará unha nova lexislatura de goberno no Ceesg, un novo equipo directivo elixido democraticamente que nos representará durante os vindeiros 4 anos.

A continuación aclaramos as principais dúbidas sobre este proceso:

ONDE E CANDO SERÁ?

O 21 de abril de 2018, dando comezo ás 11:00 h. ata as 12:00 h. ininterrompidamente. A esta hora finalizará a votación e comezará o escrutinio e, no seu caso, proclamación da candidatura gañadora.
Será en Compostela, no salón de actos do Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval, s/n - ver ubicación) - podes aproveitar para facer unha visita ás exposicións!

PODO VOTAR POR CORREO?

. Xunto coa notificación de proclamación de candidaturas recibirás información detallada de como facelo, así como o sobre e papeletas oficiais.

QUEN PODERÁ VOTAR?

Todas/os as/os colexiadas/os que estivesen en pleno uso dos seus dereitos o día anterior á convocatoria oficial das eleccións (1 de febreiro de 2018). O censo electoral pode consultarse na oficina do Ceesg ou na web.

CALES SON AS CONDICIÓNS PARA SER ELECTOR/A E ELIXIBLE?

Todas as colexiadas e colexiados que estivesen en pleno uso dos seus dereitos o día anterior á convocatoria oficial das eleccións teñen dereito a actuar como electoras/es na designación dos membros da Xunta de Goberno e a ser elixibles, excepto para poder optar aos cargos de Presidencia e de Tesourería, casos nos que se esixe, como mínimo, un ano de colexiación.

COMO PODO PRESENTAR A MIÑA CANDIDATURA?

As candidaturas serán completas, e constarán dunha lista cos nomes das candidatas e candidatos, especificando aquelas/es que opten á Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesouraría, e dun mínimo de 5 e un máximo de 15 vogais. Poden presentarse ata o día 5 de marzo de 2018 a través dun escrito dirixido á Xunta de Goberno.

CANDO SE PROCLAMARÁN AS CANDIDATURAS?

O 21 de marzo de 2018, mediante notificación e publicación no Taboleiro de Anuncios do Ceesg e na web.

QUÉ PASA SE SÓ SE PRESENTA UNHA CANDIDATURA?

Mantéñense as eleccións o día e hora fixados. Neste caso, as papeletas recollerán a opción de voto favorable, desfavorable ou en branco. De seren os votos negativos maiores que os positivos, volverase abrir o prazo de presentación de candidaturas e, transcorrido este, se non existisen máis candidaturas, a candidatura primeira será proclamada.

QUEN COMPOÑERÁ A MESA ELECTORAL?

A mesa electoral estará constituída por unha/un presidenta/e, dúas/dous vogais e unha/un secretaria/o, designados por sorteo entre as persoas electoras. Tamén se elixirán 2 suplentes para cada cargo da mesa electoral. Designaranse por sorteo público entre todas as persoas con dereito a voto (excepto as persoas candidatas) O sorteo realizarase o día 26 de marzo ás 9:30 h. na sede do Ceesg.

COMO SE EFECTUARÁN AS VOTACIÓNS?

Os votos deben efectuarse coas papeletas oficiais emitidas polo colexio. No momento de votar será necesario identificarse diante dos membros da mesa co carné de colexiada/o ou calquera outro documento oficial, e depositarán o seu voto nunha urna precintada.

ONDE PODO ATOPAR TODA A INFORMACIÓN?

Toda a información sobre o proceso electoral regúlase nos estatutos do Ceesg.

A documentación que se vaia xerando relacionada co proceso electoral, publicarase na web do Ceesg, sección ‘O Ceesg > Xunta de Goberno < Eleccións 2018’

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade