Área privada

Escola da Rúa: Acoso sexual no traballo

Luns, 12 Marzo de 2018 | Tags: formación , traballo , acoso

A Escola da Rúa prepara unha charla formativa sobre ACOSO SEXUAL NO TRABALLO.

Sandra Garrido Fernández, avogada de A Sensu Contrario e membra do GIXS (Grupo de Intervención Xurídico-Social) será a encargada desta formación que abordará a prevención e actuación ante o acoso sexual no ámbito laboral. Sandra foi ademais a avogada que levou o caso de acoso sexual no traballo que resultou condenando a El Corte Inglés (ver noticia na prensa).

Estudaranse os elementos básicos que permiten identificar e actuar ante situacións de acoso sexual nas relacións laborais. Veremos a definición, conceptos, e elementos comúns e diferenciadores dos distintos tipos de acoso (moral, sexual e por razón de sexo, mobbing...), a lexislación e xurisprudencia sobre acoso sexual (penal, social, administrativa), e as medidas de prevención e acción empresarial fronte ao acoso.

A charla impartirase de xeito ameno e didáctico estudando a través de sentenzas e casos prácticos a lexislación e xurisprudencia existente, así como os criterios técnicos da Inspección de traballo.

A sesión desenvolverase o vindeiro 9 de marzo na sede do Ceesg (Compostela) ás 17:00 h.

A asistencia é gratuita, sendo necesario inscribirse previamente.

Formulario de inscricións

Que é a Escola da Rúa?

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade