Área privada

Programa DANA, empoderamento e emprego para mulleres

Luns, 22 Xaneiro de 2018 | Tags: Emprego

Fundación Mujeres desenvolve o programa DANA, que ten por obxectivo empoderar ás mulleres para o acceso ao emprego e o emprendemento. Continuaremos a traballar o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais e as competencias dixitais para a mellora da empregabilidade, e ofrecerase ás mulleres participantes apoio e orientación laboral para a procura de emprego tanto por conta allea como emprendemento. Este programa inclúe un itinerario formativo dividido en cinco módulos:

  •     Habilidades e competencias para o emprego (presencial, 12 horas)   
  •     Habilidades e competencias para o autoemprego (presencial, 3 horas)
  •     Competencias dixitais para o emprego (presencial, 15 horas)
  •     Habilidades e competencias básicas para o emprego e o autoemprego (presencial, 5 horas)
  •     Formación para a procura de emprego (online, 15 horas)     

Horario:  10: 00 a 13:00.
Lugar de impartición dos módulos 1 e 2 é o Centro Cívico de Eirís. Os módulos 3, 4 e 5 realizaranse na Aula de Informática da Biblioteca do Forum Metropolitano
                                                                     
Se estás interesada podes contactar coa Fundación Mujeres en: galicia@fundacionmujeres.es Telf.: 981 29 40 97  663 20 23 80

Comezo o 23 de xaneiro

Ver calendario das edicións xa programadas.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade