Área privada

O Foro Galego de Inmigración denuncia a discriminación ás persoas migrantes en situación irregular ao excluílas do acceso á Risga

Xoves, 18 Xaneiro de 2018 | Tags: , migracións , accións

Comunicado de prensa do Foro de Inmigración:

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN DENUNCIA A GRAVE DISCRIMINACIÓN NA QUE A XUNTA DE GALICIA  PRETENDE MANTER AS PESOAS MIGRANTES RESIDENTES EN GALICIA EN SITUACIÓN DE IRREGULARIDADE ADMINISTRATIVA NO REFERENTE AOS SEUS DEREITOS ÁS PRESTACIÓNS SOCIAIS BÁSICAS, EXCLUÍNDOAS DO ACCESO Á RISGA.
 
O venres 19 de Xaneiro  coincidindo co remate do prazo de alegacións ao DECRETO QUE REGULA A RISGA  E  AS AXUDAS DE INCLUSIÓN SOCIAL, convocamos  unha rolda de prensa informativa diante do Rexistro Central da Xunta de Galicia en San Caetano  ás 11:30 h para presentar as ALEGACIÓNS  que  promove o Foro Galego de Inmigración para revertir unha situación intolerable.

A exclusión do Acceso á Risga é abolutamente inaceptable polas seguintes razón básicas:

  1. A  Lei de Estranxeiría- Lei Orgánica a nivel estatal-  recoñece a estas persoas o acceso a prestacións sociais básicas.
  2. A Xunta de Galicia recoñece a RISGA como unha prestación social básica.
  3. Se facemos análise comparativa é posible, porque a Comunidade Autónoma do Pais Vasco integra a estas persoas na súa Renda Miníma. A propia Xunta integra ou vai integrar a este colectivo noutras axudas sociais e educativas.
  4. Os requisitos de acceso do Decreto teñen que ver  ademáis doutras cuestión técnicas co empadroamento durante un período de 6 meses un Concello de Galicia, cumprindo as condicións técnicas e o  tempo de empadroamento é claramente discriminatorio excluír a este colectivo.
  5. As situacións de irregularidade administrativa son transitorias, polo que se está a excluir a posibilidade de que estas persoas residente e veciñas nosas poidan acceder a procesos de inserción e integración socio-laboral mentres resolven a situación administrativa.
  6. Excluímos desta Prestación Social Básica a un colectivo en situación de especial vulnerabilidade pola carencia doutros dereitos básicos e de ingresos mínimos, polo que se incrementaran as situacións de explotación laboral, sexual, ou de calquera outro tipo que están a sufrir na Actualidade.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade