Área privada

Formación gratuíta: Prevención de accidentes de tráfico e lesións en persoas maiores

Xoves, 11 Xaneiro de 2018 | Tags: formación , persoas maiores , educación vial

A Dirección General de Tráfico organizará proximamente o curso "PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRÁFICO Y LESIONES EN PERSONAS MAYORES: MEJORA DE SU SEGURIDAD VIAL”.

O curso é totalmente gratuito e vai dirixido a persoas que traballen con Maiores para que poidan implementar un proxecto, planificar, programar e levar á práctica unha intervención de Educación Vial seguindo as orientacións e pautas desenvolvidas no curso.

Matrícula: http://www.aula-abierta-dgt.es/, ata o 8 de febreiro de 2018.

O número de participantes será de 1.000, en tres edicións, que se seleccionarán segundo a data de presentación do formulario e por comunidades autónomas. A primeira edición desenvolverase aproximadamente entre o 19 de febreiro e o 19 de marzo. O resto de edicións desenvolveranse antes do 30 de xuño de 2018.

Ver detalle da formación

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade