Área privada

Feliz 2018

Luns, 08 Xaneiro de 2018 | Tags:

Ao remate dun ano cada quen fai repaso do feito e do pendente e sopesa que lado da balanza é o máis pesado concluíndo unha satisfacción ou maior dose de paciencia polo sucedido.

Nós, como Ceesg, tamén o facemos e a balanza púidonos quedar máis ou menos equilibrada. O plan de traballo aprobado en asemblea vai indo, progresa axeitadamente, pero non nos conformamos con isto e queremos máis.

Queremos reforzar a defensa profesional a través de medidas urxentes e importantes que pasamos a contarche:

  • Queremos acadar maior implicación das persoas colexiadas na denuncia do instrusismo profesional a través do contacto co colexio profesional.
  • Queremos contar con todas e todos vós para conseguir unha profesión regulada a través de mocións nos concellos, proposición de lei na Xunta de Galicia, e no Estado Español.
  • Queremos contar con todas e todos vós para conseguir unha profesión regulada a través de mocións nos concellos, do apoio do Parlamento de Galicia á nosa lei, e tamén no Estado Español.
  • Queremos darvos a coñecer a nova liña de traballo no que mimetizamos dereito e educación social, a Escola de Rúa, cunha axenda repleta de formación para este 2018.
  • Queremos informarvos e animarvos a participar do proceso electoral que teremos este ano (abril 2018) presentando a vosa candidatura e participando das eleccións.
  • Queremos facervos entrega do calendario de 2018 coas datas sinaladas para a profesión.
  • E, sobre todo, queremos desexarvos, nestas datas, unha moi Feliz Educación Social rodeadxs das persoas queridas.

Como xa sabemos, as 3 patas da participación son querer, poder e saber. Ademais de querer (que xa vos expuxemos o que a grandes rasgos "queremos"), aseguramos que podemos e sabemos, grazas a ti!
Se ti tamén queres, podes e sabes, participa activamente na defensa da profesión. Hai moitas opcións para ese participar: comisións, grupos de traballo, áreas de traballo, publicacións, comunicados, manifestacións, reunións. Escolle a túa e suma na historia da educación social en Galicia. Para o ano, máis e mellor!

"A xente corre tanto porque non sabe onde vai, quen sabe onde vai, vai amodo para paladear o «ir chegando»".
Gloria Fuertes


Decembro de 2017, Xunta de Goberno do Ceesg

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade