Área privada

Eleccións anticipadas do Ceesg, 2018

Martes, 02 Xaneiro de 2018 | Tags:

No ano 2018 o Ceesg celebrará eleccións anticipadas para a renovación dos órganos da Xunta de Goberno. Por diferentes motivos, a dirección do colexio está nun momento no que necesita un reforzo.

Por iso, as eleccións adiántanse un ano respecto á data prevista, para poder incorporar novas persoas que traian folgos e estean dispostas a arrimar o ombreiro pola profesión. Se queres incorporarte a unha Xunta de Goberno de continuidade (que contaría con varias persoas que están actualmente), podes contactar co Ceesg para valorar a túa incorporación na candidatura.

Do mesmo xeito, podes presentar a túa propia candidatura, xuntando un grupo mínimo de 9 persoas que queiran seguir defendendo a profesión e a regularización da mesma.

As eleccións terán lugar o 21 de abril de 2018 en Compostela, coincidindo coa Asemblea Xeral (debido a isto, os plans de traballo quedan prorrogados ata esa data, en que comeza unha nova etapa).

Aínda faltan semanas para enviar a convocatoria oficial de eleccións, onde se detallará todo o proceso, mais a información xenérica sobre os procesos electorais no Ceesg está indicada nos estatutos.

Enlace a estatutos

 Artigo 17. Son dereitos dos/das colexiados/as

a) Participar na xestión do colexio, o que inclúe o dereito de petición, suxestión ou queixa aos diversos órganos; dereito de voto e de acceso aos postos e cargos directivos e de responsabilidade. Todo isto seguindo os procedementos e requisitos que establezan os estatutos, así como outras normativas do CEESG e leis que amparan os colexios profesionais.

Artigo 42. Eleccións da Xunta de Goberno

42.1.

a) A Xunta de Goberno será elixida por períodos de catro anos, e por sufraxio universal, libre, directo e segredo.
b) Será a Xunta de Goberno saínte a que convocará as eleccións en tempo e forma.
c) As candidaturas serán en listas pechadas e nelas figurarán os candidatos á Presidencia, á Vicepresidencia, ademais dos vocais.
d) Na elección participarán os/as colexiados/as que estean en pleno uso dos seus dereitos o día anterior á convocatoria oficial das eleccións.

42.2. Todos os colexiados que están en pleno uso dos seus dereitos o día anterior á convocatoria oficial das eleccións teñen dereito a actuar como electores na designación dos membros da Xunta de Goberno e a ser elixibles, excepto para poder optar aos cargos de Presidencia e de Tesourería, casos nos que será esixido, como mínimo, un ano de colexiación.

 

Ánimo e forza!!!!

Xunta de Goberno do Ceesg, Decembro de 2017

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade