Área privada

Vantaxes para colexiadas na preparación das oposicións da Xunta

Xoves, 25 Xaneiro de 2018 | Tags: Emprego , formación , descontos , oposicións

Nesta páxina recollemos os descontos que nos ofrezan as academias que preparen as probas de oposición para os postos de 'Educador/a' da Xunta de Galicia.

Centro Estudio

Desconto na matrícula e nas cotas mensuais a persoas colexiadas na preparación das probas de acceso aos postos de “Educador/a” da Oferta de Emprego Público da Xunta de Galicia publicada recentemente. Santiago e Pontevedra.

Ver detalles da oferta e información de contacto

Premir

Matrícula gratuíta a persoas colexiadas que se matriculen nos seus cursos de preparación de oposicións para os postos de “Educador/a” da Oferta Pública de Emprego da Xunta de Galicia publicada recentemente. Posibilidade, durante a preparación, de facer cambios entre os diferentes grupos. Grupos en diferentes localidades de Galicia.

Ver cartaz coa información de contacto

Cesmaga

Cesmaga Oposicións, academia con sede na Coruña, C/Huertas, 2 - 1º D.

Teñen un grupo (martes-sábado) que xa está completo, pero van intentar formar un segundo grupo, que será os VENRES, de 17 a 22 h.

Posibilidade PRESENCIAL, SEMIPRESENCIAL e A DISTANCIA.

Descontos a partir do 25.01.2018 para persoas colexiadas:

  • 40% sobre o prezo de matrícula.
  • 25% sobre o prezo da mensualidade.

As persoas interesadas deberán acreditar a súa colexiación en vixencia.

Contacto: cesmaga@cesmaga.com ou tlf. 981 22 50 03.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade