Área privada

II Premio provincial á iniciativa empresarial

Mércores, 13 Decembro de 2017 | Tags: , Emprendemento , premio

As empresas da provincia da Coruña, teñen a oportunidade de presentarte ao II Premio provincial de inciativa empresarial convocado pola Deputación da Coruña.

Enmarcado no Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña (2016-2019), o premio convócase co obxectivo de recoñecer e valorizar as iniciativas e o traballo realizado polas empresas e fomentar unha imaxe positiva do tecido empresarial como fonte de riqueza e emprego, contribuír á súa sustentabilidade e fomentar o espírito e a iniciativa empresarial.

Convócanse tres categorías:

  1. Premio á mellor iniciativa empresarial nova (menos de 12 meses)
  2. Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada  (máis de 5 anos)
  3. Premio á mellor iniciativa empresarial socialmente responsable.

O premio de cada categoría será unha dotación económica de 25.000 euros.

O prazo de presentación de candidaturas rematará o 31 de xaneiro de 2018 ás 14.00 horas

Máis información

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade