Área privada

Abre novas portas ao teu emprego

Martes, 12 Decembro de 2017 | Tags: Emprego , formación

Se tes menos de 30 anos e estás en situación de desemprego, podes incrementar as túas posibilidades de atopar traballo grazas aos cursos de formación para mozas e mozos desempregados impulsados pola Xunta de Galicia, en colaboración co Sistema de Garantía Xuvenil.

Este programa pon a túa disposición unha completa e variada oferta formativa, de calidade e gratuíta orientada a actividades profesionais que están a xerar emprego, con prácticas en empresas que che permitirán entrar en contacto co ámbito laboral e coa obtención dun certificado de profesionalidade oficial que mellorará a túa cualificación e, polo tanto a túa empregabilidade.

Solicitudes ata o 26 de decembro

Se queres consultar a programación completa preme aquí.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade