Área privada

OPE Xunta 2017: 35 prazas de educadoras/es

Martes, 12 Decembro de 2017 | Tags: Emprego

O Consello da Xunta do pasado 30 de novembro aprobou a Oferta Pública de Emprego do ano 2017, que aparece publicada no DOG do 12 de decembro de 2017. Enlace

Entre o persoal funcionario inclúe a oferta, pola vía de acceso libre, de 110 técnicas/os facultativas/os de servizos sociais. E destes, 35 son de "Educadores/as"

Os prazos que se barallan son: publicación da oferta de emprego público no mes de decembro, convocatoria no primeiro trimestre de 2018, e exames a finais do 2018 ou comezos de 2019.

Estaremos moi atentas a esta convocatoria e informaremos dos detalles da mesma a través da sección Bolsa de Emprego do Ceesg.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade