Área privada

Formación con desconto: Obradoiro de intervención en patoloxía dual dende o ámbito socioeducativo

Luns, 04 Decembro de 2017 | Tags: formación , descontos , Patoloxía dual

Sinerxxia organiza e imparte o Obradoiro de intervención en patoloxía dual dende o ámbito socioeducativo.

Facilitan a participación das educadoras e educadores sociais colexiadas/os ofertando un desconto dun 20% sobre o custo do obradoiro.

Este obradoiro desenvolverase o vindeiro 27 de Xaneiro en Ourense cun horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas

Así nos presentan o seu traballo e esta iniciativa:

Sinerxxia é unha sociedade profesional que ten por obxecto o asesoramento e apoio psicolóxico-social dende unha perspectiva multidisciplinar, integrada por especialistas en Psicoloxía Clínica, Psiquiatría e Educación Social. Ademais nesta ocasión colaboramos xunto co espazo de desenvolvemento persoal e comunitario TactoContacto que tamén dende unha dinámica integradora aborda os procesos de cambio e coaching persoal.

A partir do noso traballo directo de asesoramento  no eido socioeducativo construímos una experiencia sobre como acompañar ás persoas e que factores modulan os procesos de desenvolvemento persoal. Esta experiencia socioeducativa acumulada nestes últimos anos  sérvenos como base teórico-práctica para a realización de talleres formativos que axuden a comprender as características esenciais dos procesos de cambio e afinar as habilidades e cualidades básicas para o desenvolvemento persoal.

Información detallada do obradoiro

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade