Área privada

Desprotección a certos menores migrantes

Luns, 20 Novembro de 2017 | Tags: infancia , migracións , menores

O Foro Galego de Inmigración denuncia a desprotección da Xunta a certos menores migrantes residentes e as súas familias. 

O luns 20 de novembro coincidindo coa celebración Día Internacional dos Dereitos d@s Nen@s, convocou unha rolda de prensa informativa no rexistro xeral da Xunta en Santiago de Compostela para presentar xunto cunha reclamación do propio Foro, unhas cartas elaboradas por nenos e nenas migrantes residentes na  nosa Comunidade Autónoma, nas que solicitan o acceso aos mesmos dereitos que teñen os seus compañeiros e compañeiras.

En concreto a denuncia recolle a imposibilidade de acceso, por atrancos administrativos perfectamente superables  destes nenos e nenas e polo tanto das súas familias, normalmente en situación de pobreza e exclusión social, as seguintes axudas e prestacións:

  • A Coñecida e amplamente publicitada 'Tarxeta Benvida', dependente da Consellería de Política Social.
  • A recen presentada e ampliada axuda chamada 'Bono Coidado', dependente da Consellería de Política Social.
  • O acceso de nenos e nenas ás escolas infantís dependentes da Consellería de Política Social, as 'Galiñas Azuis', por atoparse eles e elas ou as súas familias en situación de irregularidade administrativa.
  • O acceso ás axudas de libros e material escolar dependentes da Consellería de Educación.

Estas axudas esixen uns requisitos de residencia e ingresos que cumpren estas persoas e familias, pero pola mera ausencia de DNI ou NIE (non serve outro documento identificativo) son excluídas das mesmas e da posibilidade de acceso ás escolas infantís.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade