Área privada

Formación con desconto: I Congreso nacional de formadoras/es

Xoves, 16 Novembro de 2017 | Tags: formación , Congreso , descontos , formadores

A próxima fin de semana (24 e 25 de novembro) organízase en Santiago ‘Trainers For The Future: I Congreso Nacional de Formadoras/es’, un congreso dirixido a profesionais que se dedican parcial ou totalmente á impartición de formación para o emprego ou lifelong learning.

Conta co apoio da Xunta de Galicia e Fundae entre outros; e de entre os máis de 25 relatoras e relatores, destacan algúns como Jaume Gurt (Ex Ceo de Infojobs) ou Alfonso Luengo (Director Xerente de Fundae –Fundación Estatal de Formación para o Emprego).

www.trainersforthefuture.com

Ofrece para persoas colexiadas un código de desconto do 25% na inscrición, aplicable a 20 inscricións e que caduca o sábado 18/11/17.

Quen queira inscribirse, que se poña en contacto co Ceesg para facilitarlle dito código.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade