Área privada

Debate no Parlamento de Galicia, sobre a Lei de Educación Social

Luns, 13 Novembro de 2017 | Tags: , lei , campaña , parlamento

O pasado xoves 9 de novembro debateuse na Mesa da Comisión 5ª do Parlamento de Galicia, de Sanidade, Política Social e Emprego, unha proposición non de lei para pedir ao Goberno Galego que inicie a regularización da profesión de Educación Social e á súa vez, inste ao goberno central a que fagan o mesmo a nivel estatal.

Ver orde do día da Comisión (punto 1.6)

Ver documentación (punto 1.6)

A esta proposta, o grupo popular fixo unha enmenda, que non foi aceptada, polo que a proposta votouse tal como foi presentada inicialmente.

Ver enmenda do grupo Popular

Non foi aprobada, cos votos en contra do grupo Popular, e a favor do Socialista, En Marea e BNG.

Que pasa agora? Que seguimos adiante. Isto só é unha pedra no camiño, pero non significa que non vaiamos conseguir a nosa lei. Esperaremos a que se debata esta mesma proposta no Pleno do Parlamento, e entretanto, todas e todos temos que seguir sumando: presenta a túa solicitude individual á Xunta de Galicia, presenta a proposta de moción de apoio ao teu concello, difunde a necesidade de regularizar a profesión de Educación Social… Que dende ese estamento non se solicite ter unha lei, non quere dicir que non o fagan dende outros, nin de que o sigamos reclamando individualmente.

Máis información

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade