Área privada

Escola de Rúa. Escola Permanente do Dereito na Educación Social.

Mércores, 11 Abril de 2018 | Tags: formación , peritaxe , descontos , dereito

A Escola Permanente do Dereito na Educación Social (Escola da Rúa) nace no seo do Ceesg co obxectivo de formar ás educadoras e educadores sociais en cuestións relacionadas co ámbito xurídico e o dereito, para dar resposta ás inquietudes das colexiadas e colexiados, e ás necesidades detectadas polo propio colexio profesional.

Nace froito da colaboración entre A Sensu Contrario, que se encarga da asesoría xurídica do Ceesg, da Universidade Paralela que este grupo promove e do propio colexio, ao detectar que a formación básica no ámbito xurídico é deficitaria no noso sector, e co convencemento de que esta é un elemento clave para as educadoras e educadores sociais.

Na primeira etapa de funcionamento están previstas 9 accións formativas, que se encadran en tres bloques:

  • Formación permanente xurídica. Contén os elementos académicos básicos imprescindibles para a formación das educadoras e educadores sociais no mundo xurídico. Formación gratuíta.
  • Formación especializada xurídica. Accións deseñadas para afondar en temas de interese laboral para as educadoras e educadores sociais, cun marcado carácter de especialización.
  • Formación en mediación. Adaptada aos requirimentos do rexistro de persoas mediadoras no Ministerio de Xustiza.

Formularios de inscrición para as próximas accións formativas:

Inscrición no curso Dereitos laborais das educadoras e educadores sociais (4/05/18).

Inscrición no curso Discapacidade (15/06/18).

Inscrición no curso Protección de datos (29/06/18).

Inscrición no curso Estatuto xurídico da Educación Social (13/07/18).

O prazo de inscrición de cada actividade será ata 5 días antes da súa celebración, ou completar aforo.

Ver información detallada

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade