Área privada

Escola Permanente do Dereito na Educación Social.

Venres, 17 Novembro de 2017 | Tags: formación , peritaxe , descontos , dereito

A Escola Permanente do Dereito na Educación Social (Escola da Rúa) nace no seo do Ceesg co obxectivo de formar ás educadoras e educadores sociais en cuestións relacionadas co ámbito xurídico e o dereito, para dar resposta ás inquietudes das colexiadas e colexiados, e ás necesidades detectadas polo propio colexio profesional.

Nace froito da colaboración entre A Sensu Contrario, que se encarga da asesoría xurídica do Ceesg, da Universidade Paralela que este grupo promove e do propio colexio, ao detectar que a formación básica no ámbito xurídico é deficitaria no noso sector, e co convencemento de que esta é un elemento clave para as educadoras e educadores sociais.

Na primeira etapa de funcionamento están previstas 9 accións formativas, que se encadran en tres bloques:

  • Formación permanente xurídica. Contén os elementos académicos básicos imprescindibles para a formación das educadoras e educadores sociais no mundo xurídico. Formación gratuíta.
  • Formación especializada xurídica. Accións deseñadas para afondar en temas de interese laboral para as educadoras e educadores sociais, cun marcado carácter de especialización.
  • Formación en mediación. Adaptada aos requirimentos do rexistro de persoas mediadoras no Ministerio de Xustiza.

A primeira destas accións será a formación en peritaxe e Educación social, para a que se prevén tres edicións en Compostela (co prazo de inscrición xa aberto), Ourense e Vigo.

Ver información detallada

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade