Área privada

Colaboración coa revista do CEESIB

Xoves, 09 Novembro de 2017 | Tags: , diversidade funcional , publicacións , revista , comunciación , ceesib

Este ano, no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais das Illas Baleares (CEESIB), houbo cambio de xunta de goberno, comisións de traballo e novas incorporacións. Esta reorganización fixo que o noso monográfico non se publique no 2017. Actualmente estamos a traballar para que o undécimo número da revista 'Trobada d'Educació Social' salga no mes de outubro de 2018, con motivo do Día Internacional da Educación Social.
 
Decidiuse que o tema do monográfico sexa: 'A intervención socioeducativa en persoas con trastorno do desenvolvemento intelectual e físico'.
 
Deste tema interésanlles os seguintes ámbitos:

  1. Tipo de discapacidade intelectual e do desenvolvemento: Trastorno do Espectro Autista (TEA), trastorno de conduta, parálise cerebral ...
  2. Autonomía persoal na vida diaria: coñecemento do propio corpo, habilidades, sexualidade, familia, contorna familiar, limitacións en áreas relevantes da vida (linguaxe, mobilidade, aprendizaxe, autocoidado, vida independente, calidade de vida ...).
  3. Integración social e comunitaria: recursos, uso dos recursos, participación e visibilidade á comunidade, lecer e tempo libre, educación formal inclusiva, sensibilización e visibilidade social, normalización da discapacidade intelectual entre os máis novos (Iniciativas. Ex: YouTubers).
  4. Contorna laboral: Habilidades e destrezas laborais, recursos, novas iniciativas ...
  5. Profesionais que traballan neste ámbito: formación especializada, servizos (atención diúrna, educación, saúde, laboral, accesibilidade cidadanía, comunicación, vivenda, boas prácticas, tutela ...).

Os criterios de selección dos artigos serán: a coherencia conceptual e de estrutura, a claridade na información que se quere transmitir e relación co tema do monográfico.
 
O prazo de entrega dos artigos será ata o día 28 de febreiro de 2018, e deben ter unha extensión mínima de 2 páxinas e máxima de 5 páxinas, no tipo de letra Arial, tamaño 12.
 
O CEESIB respectará a lingua en que fose escrito o artigo.
 
Animádevos a escribir e compartir o voso punto de vista.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade