Área privada

Formación con desconto: Mulleres e Sexualidades. Vivencia, acompañamento e educación sexual

Venres, 03 Novembro de 2017 | Tags: igualdade , mulleres , formación , sexualidade , descontos , xénero

O Centro Medra, da Coruña, organiza a formación ‘Mulleres e Sexualidades. Vivencia, acompañamento e educación sexual’, que ten por obxectivos promover unha atención de calidade cara a sexualidade das mulleres nos ámbitos educativo e sanitario, tendo en conta a perspectiva de xéreno, así como romper mitos, estereotipos e ofrecer ferramentas para que as mulleres poidan vivirse plenamente.

Será impartido polo Centro de sexoloxía Con mucho gusto.

As persoas colexiadas ou amigas do Ceesg poden beneficarse dun 10% de desconto na inscrición.

Ver información detallada

Ir a evento en facebook

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade